A protagonista de Barbie Margot Robbie e mais a súa empresa LuckyChap producirán unha adaptación cinematográfica da lonxeva franquía de videoxogos The Sims.
Ademais, a inglesa Kate Herron, directora da primeira tempada de Loki na Marvel Studios, dirixirá e coescribirá o filme xunto a Briony Redman.
No videoxogo, os xogadores controlan avatares virtuais e fan-lles facer todo tipo de cousas, dende construír casas até se namoraren, criar fillos e mesmo matar aos seus persoaxes.
A primeira entrega desta saga de simulación da vida real apareceu no ano 2000 e tivo versións posteriores en 2004, 2009 e 2014. A 20th Century Studios intentou facer unha adaptación cinematográfica en 2007 con Brian Lynch como guionista, pero esa versión ficou nos caixóns até que a Disney adquiriu a Fox e cancelou o proxecto.
Esta será polo tanto unha nova versión, creada totalmente dende cero. Robbie, Roy Lee, Josey McNamara e Tom Ackerley serán os seus produtores.
Os detalles do argumento fican polo momento no segredo.