ScarJo entra no mundo do xurásico

50

Scarlett Johansson está oficialmente a manter conversas para se unir á nova película da franquía de Jurassic World que a Universal Pictures está a preparar.

Gareth Edwards, director de Godzilla (2014), Rogue One: A Star Wars Story e The Creator, será o encargado de se pór á fronte do proxecto, que conta co regreso do guionista David Koepp, responsábel do filme orixinal Jurassic Park en 1993.

A Universal e mais a Amblin Partners de Steven Spielberg están a se mover con rapidez neste proxecto, que xa ten fixada data de estrea para o 2 de xullo de 2025 e que necesita polo tanto entrar en produción o antes posíbel. A rodaxe comezará este mes de xuño.

Spielberg, Frank Marshall e Patrick Crowley están atrás da produción do filme, que aínda que se desenvolve na mesma continuidade cós filmes anteriores, seica terá lugar anos despois e non contará xa coa participación de ningún dos actores que formaron parte dos seus elencos.