O creador da série The Flight Attendant, Steve Yockey, ven de subir a bordo da Enterprise e será o novo guionista da vindeira entrega da franquía de Star Trek no cinema.
A Paramount Pictures e a Bad Robot pretenden que o proxecto sexa o derradeiro capítulo para o elenco da liña temporal Kelvin que reiniciou as películas a partir de Star Trek en 2009.
Entre os confirmados estarían Chris Pine (capitán James T. Kirk), Zachary Quinto (comandante Spock), Zoe Saldana (tenente Nyota Uhura), Karl Urban (o doutor Leonard McCoy), John Cho (tenente Hikaru Sulu) e Simon Pegg (enxeñeiro xefe Montgomery Scott).
Aínda non se deron a coñecer mais detalles sobre a nova entrega, pero o certo é que polo menos tres intentos anteriores de revivir a parte cinematográfica da popular saga de ciéncia-ficción fracasaron nos oito anos transcorridos dende Star Trek Beyond en 2016.
Yockey é un guionista que leva moito tempo ocupado escribindo para a televisión ao longo dos últimos anos. Traballou en Supernatural durante catro tempadas e ten pendente de estrear Dead Boy Detectives na Netflix.
Este proxecto é independente da película de Star Trek que o guionista Seth Grahame-Smith e o director Toby Haynes están a desenvolver e que quere servir como história semi-orixe da franquía.