A Araña Interior

63

A Sony Pictures Animation e mais a Sony Pictures Imageworks veñen de estrear a curtametraxe orixinal completa titulada The Spider Within, ambientado no mundo das películas de debuxos animados do Spiderverso.

Na curta, Miles Morales loita por equilibrar as súas responsabilidades coma adolescente, amigo e estudante mentres actúa coma o popular superheroe de Brooklyn.

Despois dun día particularmente difícil vivindo con estas presións, Miles experimenta un ataque de pánico que o obriga a se enfrontar ás manifestacións da súa ansiedade nunha viaxe a través do seu subconsciente.

Ao final aprende que pedir axuda pode ser un acto tan valente coma protexer á súa cidade do mal. Shameik Moore retoma o seu papel de Miles Morales na curtametraxe.

A obra é unha colaboración co Fondo Kevin Love, creado polo xogador de baloncesto Kevin Love, que traballa para rematar co estigma que rodea á saúde mental e ofrece apóio a quen o necesitan.

O proxecto está dirixido por Jarelle Dampier, escrito por Khaila Amazan, e Clara Chan e Joe Darko encargan-se dos efectos visuais, e segue o ronsel de Spider-Man: Across The Spider-Verse do ano pasado e Spider-Man: Beyond the Spider-Verse, que aínda non ten data de estrea.