Red vs. Blue despide-se cun filme

81

Red vs. BlueApós do peche da compañía Rooster Teeth, a Warner Bros. Discovery Home Entertainment ven de anunciar que a décimo novena e derradeira tempada da súa comédia de ciéncia-ficción Red vs. Blue estreará-se nunha única longametraxe. Cun guión do creador orixinal Burnie Burns e dirixido por Matt Hullum o filme de 87 minutos titulado Red vs. Blue: Restoration poderá adquirirse en VOD o 7 de maio e alugar-se o 21.