A protagonista de Stargirl, Brec Bassinger, o actor de Chucky Teo Briones e mais a estrela convidada de The Flash Kaitlyn Santa Juana protagonizarán Final Destination: Bloodlines, a nova entrega da franquía de terror, na que tamén participan Anna Lore, Owen Patrick Joyner e Max Lloyd-Jones.
Os realizadores de Freaks Zach Lipovsky e Adam B. Stein dirixen este proxecto, que será a sexta entrega da saga, celebrando deste xeito o seu 25° aniversário o ano que ven.
Guy Busick e Lori Evans Taylor escribiron o guión da película, producida por Craig Perry, Jon Watts, Sheila Hanahan Taylor e Dianne McGunigle.
Aínda que o proxecto anunciara-se aló por 2019, tivo que ficar en suspenso por mor da pandémia, e até primeiros deste mes non deu comezo a rodaxe, en Vancouver. Jeffrey Reddick, o seu creador, xa adiantara que ía mudar un pouco a fórmula, pero sen deixar de ser “unha auténtica Final Destination“.
O plan agora é estrear o filme nas salas de cinema de todo o mundo en 2025, probabelmente cun compoñente IMAX.