Maslany e Wood contra o Mono

194

Tatiana Maslany (She-Hulk: Attorney at Law) e Elijah Wood (The Lord of the Rings) veñen de unir os seus nomes ao de Theo James na nova adaptación cinematográfica do relato curto de Stephen King The Monkey.

A história comeza cando os irmáns xemelgos Hal e Bill descobren o vello mono de xoguete de seu pai no faiado. Unha série de arrepiantes mortes comeza a acontecer ao seu redor, polo que os irmáns deciden desbotar ao mono e seguir adiante coas súas vidas, afastando-se co paso dos anos.

Pero cando as misteriosas mortes comecen de novo, os xemelgos deberán reunir-se para atopar o xeito de destruír ao mono para sempre, antes de que remate coa vida de todos os seus seres queridos.

Christian Convery (Sweet Tooth), Colin O’Brien (Wonka), Rohan Campbell e mais Sarah Levy protagonizan tamén este filme, producido por James Wan, Michael Clear, Jason Cloth, Brian Kavanaugh-Jones, Chris Ferguson e Dave Caplan.

The Monkey está escrita e dirixida por Osgood Perkins, o fillo do lendário Anthony Perkins, e que é responsábel doutros filmes de terror coma The Blackcoat’s Daughter (2014), I Am the Pretty Thing That Lives in the House (2016) e Gretel & Hansel (2020). O seu filme Longlegs estreará-se nos cinemas en xullo.