Curtis Hanson en Gemini Man

0
158

Curtis HansonCurtis Hanson (L.A. Confidential, Wonder Boys) está en negociacións para dirixir o thriller de acción Gemini Man para a Touchstone Pictures.

A história vai sobre un axente da NSA (Axéncia de Seguridade Nacional dos Estados Unidos) que tenta retirar-se pero é perseguido por alguén que quere mata-lo e quedescubre que o seu asasino é unha versión máis nova dun clon del mesmo.

Para poder facer este filme rodará-se cun actor veterán coma protagonista e cun dobre ao que se lle modificará dixitalmente a súa face para que imite á do actor principal e así poida pasar por el mesmo en versión mais nova.

Jerry Bruckheimer e Don Murphy producirán o proxecto, que xa leva en desenvolvemento mais dunha década. David Benioff escribiu a versión mais recente do guión, que foi redactado orixinalmente por Darren Lemke e reescrito logo por outros moitos autores ao longo dos últimos anos, incluindo a Jonathan Hensleigh.