Morreu Louis Gossett Jr.

175

Louis Gasset, Jr.Louis Gossett Jr., o primeiro actor negro en gañar un Oscar ao mellor secundário, ven de morrer aos 87 anos en Santa Monica, Califórnia, segundo confirmou a súa família. Coñecido polos seus papéis na clásica série Roots e mais no filme An Officer and a Gentleman, os fans do xénero fantástico o relembrarán especialmente polos filmes Enemy Mine, The Punisher, Solar Attack e mais recentemente na série Watchmen, pola que recibiu unha nominación aos Emmys.