Winnie continuará asasinando

51

O realizador Rhys Frake-Waterfield e mais o seu parceiro produtor Scott Chambers, da Jagged Edge Productions, veñen de confirmar a terceira entrega da franquía Winnie-the-Pooh: Blood and Honey.

Seica o proxecto contará cun orzamento superior ao das películas anteriores e nel aparecerán novos persoaxes que non saíran no filme orixinal, coma Rabbit, os Heffalumps e os Woozles. O anúncio chega xusto cando a primeira secuela, que é o segundo filme da série, chega ás salas de cinema.

A primeira película estreou-se a comezos de 2023 e recadou 5,2 millóns de dólares en todo o mundo a partir dun orzamento de tan só 50.000 dólares. Aínda que o filme foi moi criticado, o segundo, que conta cun orzamento de xa médio millón, foi moito mellor recibido.

Hai un par de semanas os produtores anunciaran que os seus filmes integrarían-se no proxecto Poohniverse: Monsters Assemble, no que se unen persoaxes dos filmes Winnie-the-Pooh: Blood and Honey e outros da primeira quenda de títulos do seu alcumado “Universo da Infáncia Retorta”.

Agárda-se que estas versións dos clásicos persoaxes dos contos para nenos, coma Winnie, Bambi, Tinker Bell, Pinocho, Peter Pan, Tigger, Piglet, o Sombrereiro Tolo e a Bela Durminte aparezan no filme no filme Poohniverse, que chegará a comezos ou mediados de 2025.