Sydney Sweeney (The Handmaid’s Tale, The Handmaid’s Tale, Immaculate) está preparada para formar equipa con Johnny Depp nun proxecto titulado Day Drinker e que será un thriller sobrenatural dirixido por Marc Webb (The Amazing Spider-Man).
O filme está baseado nunha história orixinal de Zach Dean, responsábel do guión de The Tomorrow War, e se desenvolve ao longo das costas de Franza, Portugal e España.
A história contén amor, amizade e vinganza, e seica xira ao redor do vencello entre un enigmático descoñecido e unha camareira que chora a perda do seu amante. Polo de agora non se deron a coñecer mais detalles do argumento.
Dean e Adam Kolbrenner producirán para a 30 West, que se encarga do financiamento.