Chance Perdomo morre aos 27 anos

210

Chance PerdomoChance Perdomo, un dos actores protagonistas de Chilling Adventures of Sabrina e de Gen V, ven de morrer aos 27 anos nun accidente de moto. Mália a súa curta idade, Perdomo era unha das faces mais recoñecíbeis da televisión actual. Nado en Los Angeles pero cidadán inglés, debutou en 2017 e chimpou decontado á fama grazas ao seu papel do curmán de Sabrina. Após do seu pasamento, a produción da segunda tempada de Gen V ven de ser adiada indefinidamente.