O director inglés de 53 anos Alex Garland, responsábel de filmes coma 28 Days Later, Dredd, Ex Machina ou Annihilation, ven de abraiar a todo o mundo ao anunciar que non ten plans de volver a dirixir e que quere abandoar esa faceta da súa profesión, adicando-se só a escribir dende agora. Nos cinemas aínda se pode ver Civil War, o filme mais caro da história da A24 e que polo de agora está a ser un éxito, se cadra o derradeiro de Garland.