Marvel confirma a terceira tempada de X-Men ’97

120

Brad Winderbaum, o director de streaming, televisión e animación da Marvel Studios, ven de confirmar que o recentemente aclamado éxito X-Men ’97 terá unha terceira tempada.

Até agora, a Marvel limitara-se a confirmar que estaban a producir a segunda tempada e non adiantaran ren mais.

Cando o creador da série Beau DeMayo foi despedido antes da estrea, as novas indicaban que rematara de escribir a segunda tempada e estivera a “discutir ideais soltas” para a terceira. Un rumor anterior suxería que a Marvel Studios tiña plans para continuar con X-Men ’97 durante polo menos catro tempadas.

Agora a terceira tempada será a primeira cun novo xefe creativo ao mando. Porén o nome deste novo guionista xefe aínda non foi anunciado.