O regreso do Número Catro

45

I am Number FourA novela I Am Number Four de James Frey e Jobie Hughes podería ter unha nova adaptación ás pantallas, segundo revelou Frey mentres promovía a segunda tempada de Fright Krewe. O filme xa foi levado ao cinema en 2011 por D.J. Caruso, e aínda que colleitou moi malas críticas, foi un grande éxito nos despachos de billetes, recadando preto de 150 millóns de dólares. A nova versión podería esta vez chegar á tele, coma aconteceu coa franquía de Percy Jackson.