Goddard dirixirá a quinta entrega de Matrix

213

A Warner Bros. Pictures ven de anunciar que está a desenvolver unha quinta película da saga de Matrix, que será a primeira entrega sen Lana nin Lilly Wachowski como directoras.

O guionista de The Martian e escritor/director de The Cabin in the Woods, Drew Goddard, escribirá, dirixirá e producirá a longametraxe. Sarah Esberg producirá, mentres que Lana Wachowski, quen dirixiu en solitário The Matrix Resurrections en 2021, figura desta volta como produtora executiva.

Non está claro cal dos actores principais das catro películas regresará, se é que o fai algún deles, xa que non se revelaron detalles do argumento. Keanu Reeves e Carrie-Anne Moss protagonizaron todas as películas anteriores até a data nos papeis de Neo e Trinity respectivamente.

Yahya Abdul-Mateen II, Jonathan Groff, Neil Patrick Harris e Priyanka Chopra Jonas uniron-se ao elenco na versión mais recente.

O presidente de produción da Warner Bros. Motion Pictures, Jesse Ehrman, afirma nun comunicado que esta nova película trata-se dunha continuación do mundo de Matrix que partiu dunha ideia de Goddard:

Drew veu á Warner Bros. cunha nova ideia que todos coidamos que sería un xeito incríbel de continuar o mundo de Matrix, honrando o que Lana e Lilly comezaron hai mais de 25 anos e ofrecendo unha perspectiva única baseada no amor de seu pola série e os persoaxes. Toda a equipa da Warner Bros. Discovery está encantada de que Drew faga esta nova película de Matrix, engadindo a súa visión ao canon cinematográfico que as Wachowski pasaron un cuarto de século construíndo aquí no estudo“.

O mesmo Goddard dixo nunha nota de prensa que está “mais ca agradecido pola oportunidade de contar histórias no seu mundo“.