A Vida de Pi

0
162

Ang LeeAng Lee (Hulk) está en conversas para dirixir a versión para a pantalla grande da novela gañadora do prémio Booker de Yann Martel Life of Pi para a Fox 2000.

A história iniciática vai sobre un mozo que é o único sobrevivinte dun cargueiro afundido e que agora se atopa nunha balsa no médio do océano xunto a unha hiena, unha cebra ferida, un orangután e mais un famento tigre de Bengala.

Dean Georgaris, M. Night Shyamalan e Jean-Pierre Jeunet foran outros dos directores anteriormente vencellados a este proxecto mentres que durou a súa fase de desenvolvemento.

Lee terá que supervisar un novo guión, para o que os estudos contratarán axiña a alguén que o reescriba. Gil Netter será o produtor.