A NBC ven de cancelar a série Quantum Leap, ao optar por non producir unha terceira tempada, tan só un mes despois de que rematase a segunda cun episódio especial de dúas horas. Protagonizada por Raymond Lee, este relanzamento do clásico dos anos 90 produciu-se baixo duras condicións (primeiro a pandémia, logo as folgas) e rematou pechando moitas das súas interrogantes, pero deixando a porta aberta a un novo paradigma no seu episódio final.