STRANGE PROVIDENCE FILMS / Waterwick. Quinn Goddard, un estudante de xornalismo de 19 anos, teima por investigar a antiga Escola Ladd para débiles mentais de Rhode Island, unha institución estatal fundada por euxenistas e famosa polos seus abusos. A pescuda produce unha série de detalles: un búnker abandoado, unha vella chave, unha foto… e mais un nome que non consta que existira nunca: WATERWICK. A medida que Quinn afonda na investigación, é acosado por desacougantes pesadelos que suxiren un pasado traumático. Protagonizada por Carter Goodrich, Olivia Humulock, Peter Mendes, Hayley Phillips, Anthony Miller e mais Jeffrey Combs, a fita chega aos festivais de cinema deste ano.