Joss Whedon gaña o Prémio Bradbury

0
195

Joss WhedonO presidente da SFWA (Asociación de Escritores de Ciéncia-Ficción), Russell Davis, anunciou o pasado día 16 que Joss Whedon, creador de séries de TV coma Buffy Cazavampiros, Angel, Firefly ou Dollhouse, será quen reciba o prémio Bradbury á exceléncia na escritura de guións.

Coma todo aquel que colle un bolígrafo, eu fun un rabioso fan de Bradbury e mais influenciado por el ca por ningún outro escritor que lin. Recibir o prémio que leva o seu nome é unha honra co que nunca soñara“, dixo Whedon. “Na miña defensa, nunca pretendín copia-lo. O que fixen foi imitar as histórias tan encantadoras, rebiricadas e humanas que ficaron na miña mente impresionábel, e que eu intentei, por calquera médio que me permitiron, tentar igualar“.

Whedon recibirá o seu prémio no decurso da Fin de Semana dos Prémios Nebula, que se celebrará en Los Angeles do 24 ao 26 de abril.