O filme de Dredge, en desenvolvemento

305

A Black Salt Games e mais a Story Kitchen van-se asociar para desenvolveren Dredge, a  adaptación ao cinema con acción real do videoxogo de terror independente do mesmo nome que trunfou o ano pasado.

No videoxogo, un pescador emprende un rumbo de colisión coa loucura ao se enfrontar ás ameazas que esculcan entre a brétema e os mares nocturnos. Morgan Thorne chega á vila costeira de Greater Marrow para traballar coma pescador. Capitaneando o seu barco, navega por unha série de illas remotas e as enigmáticas profundidades que as rodean, vendendo as súas capturas en vilas arruinadas e cheas de persoaxes sombrizos.

Thorne comezará a notar fenómenos estraños, sobre todo pola noite, onde atopa estrañas néboas, rochas que aparecen de súpeto da nada, barcos pantasma, fauna hostil, misteriosas criaturas mariñas e a contínua sensación de ser observado.

A versión cinematográfica describe-se oficialmente coma “The Sixth Sense no auga” e coma unha mestura entre o terror cósmico de H.P. Lovecraft e Ernest Hemingway.

Nun comunicado conxunto, Nadia Thorne, Joel Mason, Alex Ritchie e Michael Bastiaens, da Black Salt Games, dixeron: “Estamos encantados de nos asociar cunha equipa de estudo tan experimentada para levar á acción o mundo que creamos e espertar a imaxinación do público de todo o mundo“.

O xogo foi aclamado pola crítica, acadou moitos prémios dende que foi lanzado ao mercado hai cousa dun ano e apareceu nas listaxes dos mellores xogos do ano das revistas especializadas.