DaCosta dirixe 28 Years Later 2

94

Os realizadores Danny Boyle e Alex Garland regresarán ao universo que crearon en 28 Days Later (2000) coa vindeira 28 Years Later, que comezará a se rodar en breve. Boyle dirixirá unha vez mais a partir dun guión de Garland, presentando a primeira entrega dunha nova triloxía baseada no mesmo universo.

A Sony Pictures fixera-se cos dereitos da franquía nunha apertada poxa e comprometeu-se a facer tres películas, cada unha delas cun orzamento de 60 millóns de dólares, e garantindo asemade a súa estrea nas salas de cinema.

Agora a directora de Candyman e The Marvels, Nia DaCosta, está en conversas para dirixir a segunda película da devandita triloxía que Garland escribirá e que Boyle, Bernie Bellew, Andrew Macdonald e Peter Rice producirán.

O motivo polo que se contratou a unha directora tan axiña é porque os plans son que a segunda entrega se rode xusto despois de rematar a primeira. Polo tanto, é probábel que as novas sobre o director da terceira estean tamén por caer.

O protagonista do filme orixinal e recente gañador do Oscar ao mellor actor, Cillian Murphy, encargará-se da produción executiva e podería protagonizar polo menos a primeira das novas longametraxes.