A Paramount Pictures ven de anunciar que fará unha nova precuela da liña temporal Kelvin de Star Trek, que esta vez terá lugar décadas antes da orixinal de 2009, tal e coma xa dera a coñecer NOVA FANTASIA no pasado mes de xaneiro.
O director de Andor, Toby Haynes, dirixirá a partir dun guión de Seth Grahame-Smith, mentres que J.J. Abrams volverá a producir.
Durante o período previo a Star Trek Beyond en 2016, a Paramount anunciara que quería xuntar nunha cuarta película ao Capitán Kirk de Chris Pine co seu defunto pai (interpretado por Chris Hemsworth). Un ano después, Quentin Tarantino puxo-se en contacto coa Paramount para facer unha película de Star Trek, cunha versión de gángsters con calificación R e baseada no episódio da série orixinal A Piece of the Action de 1968. En 2018 S.J. Clarkson, un veterán da televisión que logo dirixiría Madame Web, foi contratado se encargar da cuarta entrega do “Kelvinverso”, pero xa era tarde para iso porque Pine e Hemsworth abandoaran o proxecto. Esa versión cancelou-se en 2019 e Tarantino declarou en 2020 que tampouco faría a súa Star Trek.
En novembro de 2019 Noah Hawley (creador de Fargo) foi contratado para escribir e dirigir a desexada cuarta entrega, pero un ano despois a nova presidenta da Paramount, Emma Watts, cancelou tamén este proxecto. En 2021 a guionista de Star Trek: Discovery Kalinda Vazquez recibiu o encargo de escribir unha versión de seu e os estudos mesmo fixaran coma data de estrea o verán de 2023. Esa data foi adiada até nadal, esta vez coa dirección de Matt Shakman (WandaVision) mentres que Josh Friedman e Cameron Squires foron contratados para reestruturar o guión.
En 2022 Shakman deixou Star Trek para se unir ao filme Fantastic Four da Marvel Studios e o mes pasado Steve Yockey foi contratado para escribir de novo o guión.
Agora a Paramount volve anunciar as novas destoutro filme en desenvolvemento, con outra equipa de director e guionista. Tan só cabe agardar que despois de berrar tanto polo lobo, esta vez sexa a boa.