Powell será o Running Man

418

Glen Powell, un actor en claro ascenso nos últimos anos, pero con pouca experiéncia no xénero fantástico, traballará ás ordes do realizador Edgar Wright na nova adaptación ao cinema da clásica novela de ciéncia-ficción de 1982 The Running Man de Stephen King.

Escrita baixo o alcume de Richard Bachman, a novela estaba ambientada nos Estados Unidos de 2025, vivindo baixo un réxime autoritário que usa violentos programas de televisión para manter o control sobre as masas asoballadas.

Un home desesperado, que precisa os cartos para a súa filla enferma, úne-se ao programa mais popular do momento, no que un grupo de asasinos persegue aos concursantes. O que mais tempo sobreviva será o que mais cartos gañe. Pero como descubrirán os produtores e asasinos do concurso, este home desesperado rachará todas as regras e sacará á luz os escuros segredos do programa.

A novela fora previamente adaptada ao cinema en 1987 nun filme protagonizado por Arnold Schwarzenegger.

Wright leva vencellado ao proxecto dende 2021 e producirá xunto a Nira Parkl e Simon Kinberg. El mesmo é o autor do guión xunto a Michael Bacall.