If

159

PARAMOUNT PICTURES / If. A nova película de John Krasinski conta con Ryan Reynolds e o mesmo Krasinski coma coprotagonistas, mentres que este último tamén escribe e dirixe. A história trata dunha nena que ten a capacidade de ver aos amigos imaxinários da xente que ficaron atrás despois de que os seus amigos da vida real medraran. No elenco atopamos ademais a Steve Carell, Phoebe Waller-Bridge, Fiona Shaw, Emily Blunt, Sam Rockwell, Bobby Moynihan, o defunto Louis Gossett Jr. e Matt Damon, coa aparición ademais de numerosos cameos de actores de sona. A estrea nas salas de cinema está prevista para o 17 de maio.