Dev Patel soa para o mundo xurásico

144

Dev PatelSeica o actor inglés Dev Patel, quen ven de debutar coma director co filme de terror Monkey Man, está en conversas para coprotagonizar a nova entrega da franquía dos dinosáuros da Universal Pictures. O proxecto polo de agora titula-se Jurassic City, aínda que isto tampouco está confirmado. En todo caso, e de asinar, Patel entraría no elenco xunto a Scarlett Johansson e baixo a dirección de Gareth Edwards.