O derradeiro ronin en acción real

840

A Paramount Pictures ven de anunciar que está a planear unha adaptación cinematográfica a acción real con cualificación para maiores de 18 do aclamado título de cómic Teenage Mutant Ninja Turtles: The Last Ronin publicado pola IDW en 2020.

A minisérie de cinco números, escrita por Kevin Eastman e debuxada polos irmáns mexicanos Esau e Isaac Escorza, narra unha história escura e madura que se desenvolve nun futuro alternativo no que todas as Tartarugas morreron, agás unha. A cidade de New York é agora un páramo devastado polas batallas e a única tartaruga supervivente embarca-se nunha misión aparentemente desesperada na procura de xustiza para a família que perdeu.

Para elo, loitará contra o neto de Shredder e mais os seus secuaces sintéticos coas armas características das catro tartarugas mutantes.

Tyler Burton Smith (Boy Kills World) é o guionista da película, mentres que Walter Hamada encargará-se da produción como parte do seu acordo plurianual coa Paramount.