Onte, o día mais perigoso

0
194

Robert Downey Jr.Robert Downey Jr. (Iron Man), Reese Witherspoon e mais o director de Wanted, Timur Bekmambetov, están en conversas para participaren no filme épico de ciéncia-ficción da Warner Brothers The Days Before.

O guión de Chad St. John vai sobre unha raza de alieníxenaas que invaden a Terra viaxando atrás no tempo e eliminando a toda a humanidade, unha vez por día, sempre no día de onte.

Un home tentará ficar “un día de onte por diante deles” e cada vez terá que tentar convecer á humanidade de que o fin do mundo se achega. Gianni Nunnari (300) será o produtor.