Transformers One

336

PARAMOUNT / Transformers One. Chris Hemsworth e Brian Tyree Henry poñen a voz a Optimus Prime e Megatron nun filme de debuxos animados que contará a história inédita da orixe dos dous inimigos acérrimos, pero que unha vez foron amigos unidos coma irmáns que mudaron o destino de Cybertron para sempre. Esta é a primeira película da franquía que está integramente animada por computador, e no elenco figuran ademais Scarlett Johansson, Keegan-Michael Key, Jon Hamm, Laurence Fishburne e Steve Buscemi. De ter éxito, a Paramount promete que será a primeira dunha triloxía, pero polo de agora a estrea chegará a partir do 20 de setembro.