Meagan Good, Carla Gugino, Jane Alexander, Idris Elba e Rhys Coiro serán as acompañantes de Gary Oldman e Odette Yustman no thriller sobranatural da Rogue Pictures Unborn. A produtora Platinum Dunes, propiedade de Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller será a que fináncie este filme que conta co guión e mais a dirección de David Goyer. O argumento xira ao redor dunha rapaza (Yustman) atormentada polo alma dun rapaz que morreu no Holocausto.
Good (The Love Guru) interpretará á millor amiga da rapaza, e Gugino (Spy Kids) será a súa nai, para o que supoñemos deberán de lle aplicar unha boa dose de maquillaxe avellentador. Alexander será unha supervivinte do Holocausto cuxo irmán regresa en forma de espíritu. Elba (American Gangster) fará o papel dun cura que axuda a un rabino (Oldman) a executar exorcismos. Coiro será o profesor colega do persoaxe de Yustman, mentres que Cam Gigandet interpretará ao seu mozo.
A rodaxe deste filme deu comezo o pasado 5 de marzo en Chicago.