Josh Appelbaum e Andre Nemec, o dúo de guionistas de películas coma Mission: Impossible – Ghost Protocol e a série da Amazon Citadel, veñen de por en marcha un novo proxecto.
A parella encargará-se da adaptación cinematográfica da emblemática atracción “Space Mountain” da Disney World e a Disneyland.
A atracción consiste nunha montaña rusa cuberta de temática espacial, que se converteu nun elemento fixo da sección Tomorrowland de polo menos cinco dos seis parques Disney de todo o mundo. En Paris, a montaña está vencellada á franquía de Star Wars.
Inaugurada en 1975, Space Mountain non ten un tema común nin escenas memorábeis, o que permitirá aos guionistas dar renda solta ao proxecto, alén da súa ambientación no xénero de aventuras familiares.
Hai tres anos Joby Harold (King Arthur: Legend of the Sword) fora contratado para escribir o guión do proxecto, pero este non convenceu á Disney.
Appelbaum e Nemec son veteráns da televisión e responsábeis dunha chea de séries de acción e ciéncia-ficción, coma Profiler, Alias ou Early Edition, antes de pasar á produción executiva doutras coma Life on Mars, Cowboy Bebop ou From.