Deadpool & Wolverine

72

MARVEL STUDIOS / Deadpool & Wolverine. Chega o segundo tráiler de Deadpool & Wolverine, un adianto que por fin amosa a Hugh Jackman de novo en acción coma Lobeto, e por suposto a Ryan Reynolds repetindo o papel do bocalán Deadpool. A película volve relacionar-se coa Time Variance Authority que víramos na série da Disney+ Loki, unha organización burocrática que existe fóra do tempo e o espazo e que controla a liña temporal, e que agora reclama a colaboración dos dous heroes para unha misión que promete mudar a história do universo da Marvel. Shawn Levy dirixe a que será a única longametraxe da Marvel este ano, a estrear o 26 de xullo nas salas de cinema.