The Watchers

76

WARNER BROS. / The Watchers. O novo thriller do produtor e director M. Night Shyamalan escrito e dirixido pola súa filla Ishana Night Shyamalan no seu debut atrás das cámaras nunha longametraxe está baseado na novela de A.M. Shine e vai sobre Mina, unha artista de 28 anos, quen está perdida nun extenso bosque virxe do oeste de Irlanda. Após de atopar refúxio, fica atrapada sen sabe-lo xunto a tres estraños que son observados e axexados por misteriosas criaturas cada noite. Protagonizada por Dakota Fanning, Georgina Campbell, Oliver Finnegan e Olwen Fouere, conta ademais coa produción de Ashwin Rajan e Nimitt Mankad. A estrea de The Watchers será a partir do 14 de xuño.