LaKeith Stanfield en El Paso

356

O nominado ao Oscar LaKeith Stanfield está en conversas para protagonizar e producir a adaptación cinematográfica do videoxogo indie neo-noir El Paso, Elsewhere.

Lanzado o ano pasado pola compañía Strange Scaffold, o selo do programador Xalavier Nelson Jr, o shooter en terceira persoa inspira-se en franquías coma Quake, Max Payne e Hotline Miami.

Na película, Stanfield interpreta a James Savage, un home que se recupera dunha relación tóxica e enfronta-se tanto aos seus demos interiores coma a unha enigmática ex moza, Janet, antes de que esta leve a cabo un ritual que rematará co mundo.

James debe navegar polo universo de monstros etéreos de Janet e enfrontar-se á verdade das súas propias adiccións e ao seu nesgado sentido da autoestima: o único camiño cara o amor pasa pola curación.

O xogo foi nominado a vários prémios, entre eles os New York Game Awards e os D.I.C.E. Awards. O produtor da franquía de Transformers, Lorenzo di Bonaventura, e mais Colin Stark producirán esta adaptación ao cinema.