Galactica ao cinema?

0
187

GalacticaMentres que a série de televisión Battlestar Galactica entra nos seus episódios finais, a Universal ven de escomezar unhas negociacións polo baixiño co creador da série orixinal, Glen A. Larson, para que escriba e produza unha versión para a pantalla grande da popular saga.

O filme non tería en princípio conexións coa série de TV e serviría para relanzar a história nun novo médio cos persoaxes de Adama, Starbuck e Baltar.

Larson produciu a série orixinal Battlestar, que se emitiu na canle ABC no ano 1978 e estaba principalmente destinado ao público infantil, xuto cando a Guerra das Galáxias comezaba a despuntar.

A série actual, baixo a dirección do produtor executivo Ronald Moore, tomou a premisa orixinal, pero mudou totalmente a franquía convertíndo-a nun programa para un público adulto, incluindo temas políticos, de guerra, relixión, tortura e o destino.