Francis Galluppi, responsábel da curta de terror The Gemini Project e da longametraxe The Last Stop in Yuma County, ven de recibir oficialmente o encargo de escribir e dirixir a vindeira entrega de Evil Dead para a Ghost House Pictures de Sam Raimi e Robert Tapert. Polo de agora aínda non se deron a coñecer detalles sobre o argumento nin doutros membros da produción.
O proxecto seica é unha história orixinal que Galluppi desenvolveu e presentou a Raimi e á súa equipa, quen se interesaron decontado pola ideia.
Nun comunicado, Raimi dixo: “Francis Galluppi é un narrador que sabe cando manter-nos á espera nunha tensión latente e cando bater-nos cunha violéncia explosiva. É un director que amosa un control pouco común no seu debut nunha longametraxe“.
A película será a continuación da mais recente, a independente Evil Dead Rise, que recadou mais de 147 millóns de dólares en todo o mundo o ano pasado.
En todo caso, cómpre non confundir este proxecto co novo spin-off da franquía, titulado Infested, e que dirixirá o francés Sebastien Vaniček.