A Netflix aposta por Astérix

200

Studiocanal e mais Editions Albert René veñen de asinar un acordo de desenvolvemento exclusivo polo que producirán unha nova longametraxe con acción real de Astérix, baseado por suposto no clásico persoaxe do cómic francés.

Creado en 1959 por René Goscinny e Albert Uderzo, Astérix e mais o seu inseparábel amigo Obélix converteron-se decontado nun fenómeno cultural que non só trunfou na súa Franza natal senón en toda Europa. Na actualidade os cómics venderon mais de 400 millóns de exemplares e foron xa traducidos a 130 línguas.

Dende 1999 até Astérix et Obélix: l’Empire du Milieu o ano pasado, producíron-se cinco filmes con acción real e dez de debuxos animados.

Este proxecto en todo caso é independente da série de debuxos animados en 3D que conta con Alain Chabat coma director, e que chegará á Netflix o ano que ven.

Polo momento aínda non hai mais detalles sobre o argumento , o elenco de actores ou o director da nova longametraxe.