Scooby Doo en acción real

196

A Netflix está por rematar un acordo polo que se asociará coa Hanna-Barbera para producir unha série de acción real que levará por primeira vez neste formato á pequena pantalla os clásicos debuxos animados de Scooby-Doo.

O proxecto seica conta cun compromiso da Netflix polo que producirán decontado o guión, e de ser ben recibido, activará-se un pedido directo a série.

Greg Berlanti, o superprodutor de televisión que encabezou o Arrowverso na canle The CW, será o produtor executivo desta nova série, que estará escrita por Josh Appelbaum e Scott Rosenberg (Cowboy Bebop).

Sarah Schechter, Leigh London Redman, André Nemec e Jeff Pinkner serán os outros produtores executivos, pero polo de agora terán que agardar á aprobación definitiva do proxecto.

A Warner Bros. Television, que posúa os dereitos sobre as obras dos estudos Hanna-Barbera, producirá a série.

A nova série continuará a estela das dúas películas de imaxe real de comezos da década de 2000, e mais recentemente, do spinoff en debuxos animados para adultos Velma, que suscitou moita controvérsia entre os fans mais conservadores, pero que foi renovado para unha segunda tempada.

Na Netflix, Berlanti conta con cretos coma produtor executivo en séries coma Dead Boy Detectives e Chilling Adventures of Sabrina.