O filme de acción en vivo Masters of the Universe, que leva moito tempo a se xestar, está por fin a avanzar coa Amazon MGM Studios e a Mattel Films, que anunciaron plans para unha estrea mundial nos cinemas o 5 de xuño de 2026.
Travis Knight (Bumblebee) vai realizar esta adaptación cinematográfica da franquía, con Chris Butler a escribir o guión. Os libretos prévios foran de David Callaham, xunto aos irmáns Aaron e Adam Nee.
A história presenta o Príncipe Adam, de dez anos de idade, que caeu na Terra nunha nave espacial e foi separado da súa Espada do Poder máxica, a única ligazón ao seu lar en Etérnia.
Despois de a atopar case vinte anos despois, Adam é levado de volta ao espazo para defender o seu planeta natal contra as forzas maléficas de Skeletor. Pero para derrotar un falcatruán tan poderoso, Adam terá primeiro que desvelar os mistérios do seu pasado e converter-se en He-Man, o home mais poderoso do Universo.
O elenco aínda non foi anunciado. A produción corre a cargo de Robbie Brenner, Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch.
A Netflix gastou cerca de 30 millóns de dólares no desenvolvemento dun filme sobre He-Man, que tiña a Kyle Allen anunciado coma protagonista, pero o proxecto foi abandoado o pasado mes de xullo. Daquela, a Amazon MGM Studios recuperou a ideia e agora definiu o novo calendário.