O produtor Jeff Katz ven de revelar que a secuela do thriller sobrenatural protagonizado por Russell Crowe en 2023 The Pope’s Exorcist está oficialmente en marcha.
Nun chío en X, Katz dixo: “Nación Amorth – Veño de recibir a chamada. ESTÁ OFICIALMENTE EN MARCHA! E un seguito, amici miei. Grazas aos incríbeis fans de #ThePopesExorcist. Vós o fixestes posíbel. Pon-lle gasolina á túa Lambretta – e prepára-te para cabalgar“.
Julius Avery dirixiu a primeira entrega, que recadou 77 millóns de dólares a partir dun orzamento de 17 millóns, e que estaba inspirada nos arquivos reais do padre Gabriele Amorth, exorcista xefe do Vaticano.
Amorth investiga a aterradora posesión dun neno e acaba descubrindo unha conspiración secular que o Vaticano tratou desesperadamente de mantér agocha.
A confirmación desta secuela produce-se un ano despois de que se soubera que a Screen Gems estaba empezando a desenvolver unha segunda parte do filme, no que se agarda que Crowe regrese ao seu papel do padre Gabriele.