Este Azul é de Gerbase

140

Zazie Beetz (Deadpool 2, Joker) e Elizabeth Debicki (Tenet) formarán equipa no thriller psicosexual de ciéncia-ficción This Blue is Mine, que dirixirá a cineasta brasileira Iuli Gerbase (The Pink Cloud).

A história ten lugar no médio dunhas vacacións familiares nun complexo turístico tropical, onde un home chamado Arthur sorprende a todos traendo á súa nova, bela e enigmática moza, Ivy (Debicki).

O estraño comportamento de Ivy desequilibra a dinámica entre Arthur e as súas fillas adultas. Beetz interpreta á filla menor, Connie, quen aínda está a se recuperar do trauma dun recente aborto espontáneo.

Unha noite, despois de que Connie se embebede, Ivy revela en voz baixa que en realidade é unha extraterrestre que visita a Terra. Connie axiña é seducida por Ivy e convidada a segui-la ao seu planeta.

Marissa McMahon e Ashley Schlaifer producen e a rodaxe comezará en Colómbia a finais do verán.