Giancarlo Esposito entra no MCU

101

Giancarlo EspositoNo decurso dunha rolda de preguntas na convención CCXP de México, Giancarlo Esposito (The Mandalorian, The Boys) ven de confirmar que se unirá ao Universo Cinemático da Marvel (MCU). Aínda que non desvelou o seu papel, dixo que será algo novo, así que non será nin o profesor X nin Kang, coma agardaban os fans, que a súa aparición chegará axiña, e que é “mellor do que poidades imaxinar“.