A 20th Century Studios, que agora é propriedade da Disney, quere revivir a súa franquía de acción e aventuras de ciéncia-ficción The Maze Runner, que se estreou coma unha triloxía de películas de 2014 a 2018.
Jack Paglen (Transcendence, Alien: Covenant) está en negociacións para escribir o guión dunha nova entrega que non será nin un reinício nin unha secuela directa da triloxía orixinal. O plan é de feito unha espécie de continuación da história, pero tamén quere volver aos elementos que fixeron que a primeira longametraxe conectara co público.
Baseada na triloxía de novelas de James Dashner, o filme orixinal narraba a história dun grupo de adolescentes que chegan a un xigantesco campamento amurallado coa memória borrada.
Alén das catro paredes do campamento hai un labirinto cheio de criaturas mecánicas mortais e portas que cambian cada noite ao anoitecer. Un recén chegado descubre a clave da supervivéncia do grupo e intenta guia-lo cara a saída.
Dirixida polo responsábel de Kingdom of the Planet of the Apes, Wes Ball, a primeira película estivo protagonizada por Dylan O’Brien e Kaya Scodelario. Obtuvo boas críticas e recadou 348 millóns de dólares en todo el mundo cun orzamento de 35 millóns.
As dúas secuelas, ambientadas xa fóra do labirinto, duplicaron os seus orzamentos, pero as críticas non foron tan boas e as recadacións baixaron.
Ball, Ellen Goldsmith-Vein, Lee Stollman e Marty Bowen serán os produtores.