Andrew Garfield e Claire Foy, que xa traballaran xuntos en Breathe, de Andy Serkis, protagonizarán unha nova adaptación cinematográfica da clásica novela infantil de Enid Blyton The Magic faraway Tree.
A história vai sobre Polly (Foy) e Tim (Garfield) e mais os seus fillos Beth, Joe e Fran, unha família moderna que se ve obrigada a se mudar á remota campía inglesa.
Os libros transcorren nun bosque enmeigado no que medra unha xigantesca árbore máxica cuxas pólas mais altas chegan até as nubes. É ancha abondo para albergar pequenas casas entalladas no seu tronco.
Os nenos fan-se amigos de moitos dos seus habitantes e viven aventuras en terras máxicas ás que se chega dende o alto da árbore.
A Neal Street Productions, a Elysian Film Group e mais a Ashland Hill Media Finance apoian o proxecto, que comezará a se rodar o mes que ven. Actualmente está se levar a cabo un casting adicional.
Simon Farnaby (Wonka) é o responsábel do guión e Ben Gregor será o director. Pippa Harris, Nicolas Brown, Danny Perkins e Jane Hooks producen.