PARAMOUNT / A Quiet Place: Day One. Na nova entrega da franquía de terror e ciéncia-ficción de John Krasinski, baseada nunha ideia orixinal do mesmo Krasinski e escrita por Michael Sarnoski e Jeff Nichols, non veremos á família Abbott que protagonizara as anteriores dúas películas, senón o primeiro día da invasión extra-terrestre no que as bestas chegan á Terra e obrigan ao mundo a se volver silandeiro. Lupita Nyong’o, Joseph Quinn e mais Alex Wolff protagonizan o filme, que conta con Sarnoski (Pig) coma director. Djimon Hounsou, quen tivo unha aparición na segunda parte, aparecerá tamén nesta co mesmo papel. A estrea, o 28 de xuño.