Ralph Ineson é Galactus

177

Ralph InesonAo final non será Javier Bardem, tal e coma se rumoreou, senón o veterán actor inglés Ralph Ineson (Harry Potter, The Witch, The First Omen) quen interprete ao supervilán do universo Marvel Galactus na vindeira película Fantastic Four da Marvel Studios. Ineson úne-se a un elenco no que xa figuran Pedro Pascal, Vanessa Kirby, Joseph Quinn, Ebon Moss-Bachrach, Julia Garner e tamén Paul Walter Hauser e John Malkovich, estes dous últimos en papéis aínda non revelados.