Unha nova série de cómics da editorial IDW retomará a série de Star Trek alí onde ficou orixinalmente na televisión, cunha crónica da até agora nunca narrada cuarta tempada das andanzas da nave espacial Enterprise. Star Trek Year Four: The Enterprise Experiment contará cun guión de D.C. Fontana, un escritor que escomezou a súa carreira coma axudante do creador da série, Gene Roddenberry, e que mesmo escribiu algúns dos episódios para a televisión.
Ademáis de Fontana, e entrando por primeira vez no terreo do guión nos cómics, estará o veterán debuxante de Star Trek Gordon Purcell, cuxo traballo conta xa con máis de 50 números da série regular de Star Trek, escomezando polos anos 80. Purcell contará ademáis co seu colaborador habitual Terry Pallot no tinteiro, con Derek Chester, outro fixo de Star Trek: Deep Space Nine e os videoxogos de Star Trek, colaborando con Fontana na história e no guión. Os ilustradores coñecidos coma Sharp Brothers proporcionarán as capas para os cinco números da série.
The Enterprise Experiment representa a segunda série da IDW Star Trek: Year Four, que revela as aventuras nunca antes vistas da misión quinquenal da U.S.S. Enterprise. A nova série incluirá unha secuela ao famoso episódio de Fontana O Incidente Enterprise, no que Kirk se facía pasar por un romulán para se facer cun dispositivo de camuflaxe último modelo. Nesta nova história, os esforzos da Federación para adaptar totalmente o novo dispositivo ás naves da frota estelar conducirá a un experimento que sae moi mal, atrapando a Kirk e mais a Spock noutra dimensión. Ao mesmo tempo, as forzas romulanas rodean á Enterprise, tentando vingar-se polo roubo da súa tecnoloxía. Os últimos capítulos da série proporcionarán unha secuela aos primeiros dous números, mentres que o império Klingon entra en escena.