A veterán actriz e tres veces nominada ao Oscar Sigourney Weaver podería unir-se axiña ao universo de Star Wars, de frutificar as conversas para interpretar un papel clave na vindeira película The Mandalorian & Grogu. O proxecto será dirixido por Jon Favreau, quen tamén produce xunto a Kathleen Kennedy e mais Dave Filoni. A rodaxe dará comezo a finais deste ano e a estrea está prevista para o 22 de maio de 2026.