Após de gastar preto de 400 millóns de dólares para realizar cada unha das películas dos Vingadores, os irmáns Russo veñen de presentar un orzamento de 320 millóns para o seu seguinte grande proxecto, o filme The Electric State que producirá a Netflix. Baseado na novela gráfica homónima de Simon Stålenhag. Millie Bobbie Brown, Chris Pratt, Ke Huy Quan, Giancarlo Esposito, Anthony Mackie, Stanley Tucci, Jason Alexander, Brian Cox e Jenny Slate son os protagonistas dun filme que mestura o Western coa ciéncia-ficción nun pasado retro-futurista.