Bigelow substitúe un apocalipse por outro

84

Kathryn BigelowA realizadora Kathryn Bigelow (Zero Dark Thirty) ven de abandoar o proxecto de adaptar ao cinema a novela post-apocalíptica de David Koepp Aurora, pero non deixa os filmes de catástrofes universais polo momento. O seu novo traballo será outro tipo de apocalipse, esta vez mais probábel: un ataque de mísiles contra os Estados Unidos, e de como a Casa Branca decide afrontar a situación. O guión é de Noah Oppenheim (The Maze Runner) e será producido pola Netflix.